Já sabe o seu destino? As melhores ofertas de alojamento são as primeiras a serem vendidas, não as perca!

Quero encontrar uma casa AGORA!

Estudar medicina en Lyon

Publicado por flag-es Ana Carballeira Álvarez — há 14 anos

0 Etiquetas: flag-fr Experiências Erasmus Lião, Lião, França


Por que escolheste ir para Lião, França?

Elexín facer Erasmus en Lyon porque quería ir a Francia para aprender dunha vez por todas francés e elexín Lyon en concreto porque a súa situación xeográfica parecíame a máis axeitada para viaxar.

Quanto tempo dura a bolsa? Quanto dinheiro recebes como ajuda?

A bolsa que eu elexín de un curso académico dura 9 meses, aínda que que eu tiven que estar alí 10. Recibín 200€/mes fraccionado en 3 pagos irregulares.

Como é o ambiente estudantil em Lião?

Hai moito ambiente estudantil, moita xente de erasmus, mais é unha cidade grande e se non te moves nos ambientes estudantís pode que che dea a sensación de que non, mais a maior parte da poboación é máis ben nova.

Recomendarias a cidade e a Universidade de Lião a outros estudantes?

Recomendaríaa, mais que saiban que se van facer medicina non van pasar o que se coñece como un ano de erasmus, que non estudas nada nin pisas as aulas, todo o día de festa, e voltas con notas altas... Aquí tes prácticas todos os días pola mañá e polas tardes non vas ás aulas porque tes que estudar... e ademáis son uns cutres coas notas, polo menos na miña faculdade, "Lyon Sud".

Que tal é a comida do país?

Non probei moito do país porque son vexetariana e as cousas típicas eran todo carne.

Como encontraste alojamento?

Antes de ir a Lyon a miña universidade (Université Claude Bernard Lyon 1) ofrece a posibilidade de reservar unha habitación nunha residencia.

Como são os preços a nível de alojamento? E os preços em geral?

A residencia custaba uns 160€/mes. No entanto, unha habitación nun apartamento custa máis, sobre 300€, mais en Francia hai unha axuda estatal para o aluguer, que podes pedir alí cando chegas nun organismo que se chama CAF (Caisse d'Allocations Familiaires). Por exemplo, a min dábanme como 40€ e a resi ficábame en 120€.
En xeral a comida é un pouco máis cara, pero tampouco moito máis.

Como é o idioma? Frequentaste algum curso de língua na Universidade?

Co idioma ben, xa sabía algo de antes, o que sí é que os franceses se non entenden á primeira non fan por entender...pasan de ti e punto. Fun a un curso na universidade mais non gostei, era moi teórico.

Qual é a forma mais económica de chegar a Lião a partir da tua cidade?

A forma máis económica foi ir en avión de Porto a Lyon sen pasar por España e despois ir en bus ou que me foran buscar a Lugo.

Que sítios recomendas para sair à noite em Lião?

Eu non saín case nada de festa...non porque non puidera, senón porque non é o que fago habitualmente. Mais hai moitos concertos e festas todos os días a todas horas e en todos os bairros...

E para comer em Lião? Podes citar os teus sítios favoritos?

A verdade é que eu comía na casa ou no hospital, hahaha, mais faláronme dunha pizzería moi boa na Place Victor Hugo...por se alguén quere ir...

E em termos de visitas culturais?

Ten un museu de belas artes do que eu gostei moito e a cidade é moi bonita. En decembro hai unha festa, a "Fête des lumières" da que eu gostei especialmente. Hai un museu galo-romano moi bo, dous anfiteatros romanos e murais "trompe-l'oeil" impresionantes.

Tens algum conselho que queiras dar a futuros estudantes em Lião?

Pois non sei, se queren saber algo que me escriban. :)


Partilha a tua Experiência Erasmus em Lião!

Se conheces Lião como nativo, viajante ou como estudante de um programa de mobilidade... opina sobre Lião! Avalia as diferentes características e partilha a tua experiência.

Adicionar experiência →

Comentários (0 comentários)



Você ainda não tem uma conta? Regista-te.

Espera um momento, por favor

A dar à manivela!